Logo de dez adestramentos coa Selección Galega, dous futbolistas locais foron convocados para o Campionato de España Infantil Sub14 de Fútbol Sala, que terá lugar en Murcia a vindeira semana, en concreto en San Pedro del Pintar e San Javier.
Tratase do pontés Lucas Purriños Gómez, do histórico O Parrulo, que sigue a estela de grandes porteiros ponteses coma o internacional español Fernando Bouza, Marcelino, ou formado nas Pontes, o gran Javi Santos, entre outros. Tamén acude o xogador de pista, o ferrolán Diego Pazos Vidal, do Lago DVSport.
A Selección Galega está encuadrada no Grupo B e xogará sucesivamente ante Illas Baleares, Extremadura e Aragón. Os primeiros de cada grupo citaranse nas semifinais do sábado e o domingo disputarase a gran final.
No grupo A están País Vasco, Andalucía, Castela León, Navarra e A Rioxa, no C a locataria Rexión de Murcia, Comunidade Valenciana, Illas Canarias e Ceuta, e por último no D dúas das grandes favoritas, a Comunidade de Madrid, Cataluña, Castela A Mancha e Melilla.
Fuente: amigus.org
Deja tu comentario