A empresa pontesa Autocares Hermanos Gabeiras entra en concurso voluntario de acredores, tal e como publicou o Boletín Oficial do Estado (Boe) este martes, e abrése unha fase de liquidación.

Dende a CIG, o único sindicato con representación, explican que polo momento «non hai información» e que están pendentes de reunirse tanto coa propia empresa como co administrador concursal designado polo xulgado, Ramón Juega Cuesta, da Coruña.

Autocares Hermanos Gabeiras é unha empresa familiar e a única que presta este servizo no concello pontés. Actualmente conta cuns 15 traballadores e encárgase das rutas escolares, do servizo do centro de día, tamén do de San Sadurniño, da iniciativa do Concello para levar aos traballadores ao polígono empresarial de Penapurreira e continúa co servizo aos empregados de Endesa.

A firma pontesa, que conta cunha flota que supera a decena de autobuses, foi fundada nos anos 50.

 

EL PROGRESO