Durante os derradeiros oito días levouse a cabo nas pistas de tenis de As Pontes o tradicional torneo das Festas do Carme. Preto de 40 xogadores participaron nos dous torneos, o absoluto e o de maiores de 45 anos.

Nun torneo que cumpría as bodas de prata, nas finais levadas a cabo este xoves, na competición de veteranos Nicolás Prego impuxose a Iñaki Madejón nun encontro con remontada no que venceu 1-6, 6-4 e 10-8 no tie break definitivo.

A final absoluta xogarona dous contendentes que alcanzaron a última rolda apenas cedendo cinco xogos entre ambos xogadores nas roldas anteriores.

Acabou vencendo Carlos Tajes a Rodrigo Figueroa nun disputado partido, tamén con remontada, 4-6, 6-3 e 10-4 no decisivo tie break.

Ao remate do evento entregou os diversos trofeos a campións, subcampións, e xuíz de silla, Paulino Fernandez Seoane.

amigus.org