Hoxe estreamos canle de YouTube para publicar un interesante documento audiovisual ás 20:00, que mostra unha viaxe que seguramente moita xente sempre quixo facer: subir ao alto da Cheminea das Pontes.
A pesar da pouca calidade da gravación, ao longo de tres minutos e grazas a un traballo de mellora na edición da imaxe, será posible ver algunhas cousas que para moitas persoas sempre foron alleas e descoñecidas.
Por outra banda, non cabe dúbida de que a mellor imaxe sempre será a que se ve cos propios ollos.
Se cadra iso, algún día será posible.
Niso estamos!
https://youtu.be/MrheTYFlUIQ?si=_QfiETKrcbnCJq1r
PLATAFORMA EN DEFENSA DO PATRIMONIO INDUSTRIAL DAS PONTES
Deja tu comentario