O parque de carbóns da Central Térmica de As Pontes é unha estrutura singular, destacando como a segunda superficie diáfana máis grande do planeta, só superada polo Hangar Airbus de Jean-Luc Lagardère en Francia. Capaz de albergar tres estadios completos como o de Riazor, foi un modelo de enxeñería na súa época, servindo de referencia para a construción do hangar do aeroporto de Madrid. A cuberta, formada por arcos pretensados que sosteñen unha estrutura de 96.000 m², protexía grandes cantidades de lignito do impacto da humidade galega. A pesar do peche da mina en 2007 e da central en 2023, o parque mantén un bo estado de conservación, cun recente repintado.

​Sen embargo, Endesa ten licenza para realizar actuacións que poñerían en perigo a posible conservación desta estrutura histórica. A súa preservación é esencial como patrimonio industrial, ademais de ser un referente na enxeñería mundial. Tamén cremos que antes de derrubala deberían explorarse as súas posibilidades como ben económico, valorando os seus posibles usos que repercutan no beneficio da poboación.

CONTACTO

  • Email: plataformapatrimonioindustrial@gmail.com
  • Instagram: @plataformapatrimonioindustrial
  • Twitter/X: @PatrimonioAs
  • Facebook: Plataforma en Defensa do Patrimonio Industrial das Pontes