Traballadores e traballadoras de Einsa Print pecháronse este mércores no Concello das Pontes en defensa do emprego e dos seus dereitos. O persoal permanece en asemblea permanente no salón de plenos dende ás 13h, coincidindo coa véspera da última reunión do período de consultas do ERE.

A CIG reitera que non hai causas sobrevidas que xustifiquen este novo despedimento colectivo, que considera unha fraude, e advirte que o persoal non asumirá a pretensión da empresa de fraccionar o pago indemnizacións.

 

https://terrachaxa.com/