As Pontes, 21 de novembro de 2024. A Plataforma en Defensa do Patrimonio Industrial das Pontes, presentándose como un colectivo que recolleu máis de 2000 sinaturas en apoio aos seus obxectivos, concretados no seu Manifesto do 5 de agosto, e que conta co apoio formal de institucións de alto prestixio nacional e internacional como o Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS-UNESCO), o Comité Internacional para a Conservación e Defensa do Patrimonio Industrial (TICCIH), a Sociedade Española para a Defensa do Patrimonio Xeolóxico e Mineiro (SEDPGYM), a Asociación Galega do Patrimonio Industrial (BUXA), a Associació del Museu de la Ciència, la Tècnica i l’Arqueologia Industrial de Catalunya (AMCTAIC) entre outros.
Solicitou formalmente esta semana ao pleno da Deputación da Coruña que debata na súa vindeira reunión, o venres 29 de novembro, a súa adhesión ás propostas deste colectivo, centradas no Manifesto do 5 de agosto, e en concreto que se sume ao acordo para a declaración da cheminea das Pontes como Ben de Interese Cultural, nos mesmos termos que os asinados por unanimidade pola Xunta de voceiros do Concello das Pontes, coa presenza e sinatura do alcalde, neste caso tamén presidente da Deputación, o pasado 26 de setembro.
Deja tu comentario