Na madrugada do sábado ao domingo, autores descoñecidos asaltaron a panadería Hermanos Díaz das Pontes, onde se fixeron con diverso material e comida, ademais de provocar danos, cun balance de perdas que os titulares do negocio afectado cifran en preto de 3.000 euros.
«Hasta se llevaron cajas de mantecados, desayunaron bien«, engaden sobre un roubo do que souberon ao redor das sete de mañá deste domingo, cando os chamaron dende un bar próximo, ao que alertou un veciño logo de percatarse de que a porta lateral da panadería, localizada na Avenida de Galicia, estaba forzada.
Desde Díaz teñen claro que os autores do roubo, que achacan a máis dunha persoa dada a maneira de proceder, sabían o que facían, pois asaltaron o local a única noite na que non traballan –a panadería pecha o domingo– e lamentan «la inseguridad que hay en As Pontes«, pedindo que se incrementen as medidas.
«El domingo no hay Policía Local y vino una patrulla de la Guardia Civil de Mugardos», din, precisando que ao saber o que pasara alertaron ás forzas de seguridade e este luns presentarán a denuncia. «Hay que denunciar y que se sepa que pasan estas cosas, es importante, porque están robando muchísimo, y si no se denuncia, no se sabe lo que ocurre», aseguran.
EL PROGRESO
Deja tu comentario