As Pontes, 11 de setembro de 2024.- A pasada reunión do luns 9 de setembro entre a Plataforma en Defensa do Patrimonio Industrial das Pontes e as asociacións SEARA e Cohempo resultou nunha toma de contacto inicial que reforza o diálogo entre colectivos que comparten intereses comúns sobre o pobo das Pontes.

A plataforma aproveitou a ocasión para presentarse e expor os seus obxectivos principais, baseados no Manifesto do 5 de agosto.

Ao longo da xuntanza, compartiron documentación e información relevante, logrando unha valoración positiva por parte de todos os asistentes. As partes manifestaron a vontade de manter futuros contactos para establecer posibles colaboracións,

Dende a Plataforma en Defensa do Patrimonio Industrial, agradecemos tanto a SEARA como a Cohempo o seu recibimento.