Unha muller tivo que ser rescatada durante unha clase de natación na piscina municipal das Pontes tras sufrir unha indisposición que fixo que afundise na auga e que fose necesario practicarlle a reanimación cardiopulmonar.
Os feitos ocorreron na mañá do mércores, cando a usuaria se atopaba nun curso xunto a outros nove alumnos. Nun momento dado, o monitor percatouse de que non vía a muller e lanzouse inmediatamente á agua para tratar de sacala do fondo da piscina. Igualmente fixo o socorrista e entre os dous sacárona, inconsciente.
Ao momento, iniciaron as manobras para reanimala e outros monitores que estaban no ximnasio chamaron ao 112. «Nuns cinco minutos chegaron un médico, unha enfermeira e a ambulancia e xa se fixeron cargo, pero a muller xa respiraba e tiña pulso», explican dende a firma que xestiona a piscina.
A muller foi trasladada ao hospital a Ferrol, onde está fóra de perigo pero en observación, á espera de probas.
EL PROGRESO
Deja tu comentario