Este martes á tarde comezou a andar o CD As Pontes de cara á tempada 2022-23, con unhas palabras do presidente Xaime Castro, ao que Iván Rodríguez lle presentou aos 20 xogadores que acudiron hoxe.
Con posterior adestramento da man de Casanova, Rivas, e o preparador físico, seguen do ano pasado Kike, Montes, Traba, Criado, David Otero, Leira, Vilela e Brais.
Foron fichados o porteiro Iván Parapar, que regresa ao equipo tras dez tempadas, o dianteiro Eloy Díaz, que tamén retorna ao clube, o medio Javi Martínez e o punta Iago Seijo, da Cultural Maniños.
No primeiro entreno vironse outras catro caras novas e farán a pretemporada co primeiro equipo seis futbolistas do equipo xuvenil.
Son baixa o gran cancerbeiro Paco, Iván, Alberto, Toni, Bellas, Edgar, Lucki, Moreda, Sergio e Rey.
amigus.org
Deja tu comentario