O pontés Antonio Polo Campello, de 46 anos moi ben levados, competiu estes días en Portugal no Mundial de Maratón de Veteranos que se están a levar a cabo na localidade de Ponte de Lima, fermosa vila portuguesa que acoulleu en 2016 a Final Four da Copa lusa de Hockei Patíns.

Nun evento no que se deron cita deportistas locais, españois, arxentinos, sudafricanos, brasileños, uruguaios, italianos, británicos, e noruegos, Antonio foi bronce no K1 (1:30:33), xa que dos 40 participantes so quedou por detrás de Ulises Diéguez (1:29:53), e Rafael Carril (1:29:57), que completaron o triplete español.

Na seguinte proba, o K2, xunto ao viveirense Alberto Pigueiras conseguiron a prata (1:23:02), so por detrás dos sudafricanos Wayne Jacobs e Riccardo Talevi (1:21:16), completando o podio Jesús Rodríguez e Santiago Cruz (1:24:44), das 21 parellas participantes.

Portugal é o país adoptivo de Polo, pois alí conseguiu nin máis nin menos que seis metais internacionais. Aos dous desta semana habería que sumarlle outros dous ouros nos Europeos de Maratón, en K2 2013 co propio Pigueiras, e K1 en 2017.

Tamén fora subcampión Mundial de K2 en 2018, de novo xunto a Alberto e a apenas unhas milésimas da parellas arxentina gañadora, e co portento Dani Feijoo quedara prata nunha Copa de Europa aló por 2006.

amigus.org