As Pontes, 10 de setembro de 2024.- A petición da nosa Plataforma, os grupos da oposición no Concello das Pontes solicitaron a celebración dun Pleno Extraordinario e monográfico, sobre a adhesión do Concello ao Manifesto da Plataforma en defensa do Patrimonio Industrial das Pontes, nomeadamente solicitando mantemento dalgunhas instalacións da Central Térmica de Endesa e unha consulta pública á veciñanza.
A solicitude deste Pleno fixose o 19 de agosto e por Lei, ○ Alcalde tiña até o 9 de setembro para convocalo, de non facelo voluntariamente, como é o caso, e cumprindo a lexislación vixente, a Secretaria Municipal procede a realizar a convocatoria, segunda prescribe calendario legal, para o luns, dia 23 de setembro, ás 12 h. Esta Plataforma tamén ten solicitado unha reunión conxunta co Alcalde e as voceiras dos Grupos Municipais, sen que até de agora tiveramos ningunha resposta da Alcaldía.
Por isto, e dada a importancia que ten para o presente e o futuro das Pontes a pretensión de Endesa de derrubar toda a Central Térmica, facemos un chamamento público a asistir ao Pleno Extraordinario do luns, día 23 ás 12 h., na Casa do Concello.
O noso futuro non se constrúe derrubando o pasado
Deja tu comentario