A xa ex xogadora do Lago DVSport, Paula Baamonde Rodríguez, de 24 anos, fichou polo recén ascendido equipo veciño do Vilalba FS Grupo Forma-T, que o fixo tras gañar 3-0 a Ribeira na última xornada, e como Campión da Segunda B, cos mesmos puntos que Fisober, aínda que mellor goal average
Nesta campaña 2024-25 competirán contra equipos da Comunidade madrileña, Asturies, Cantabria e Castela León, e contra conxuntos galegos coma Valdetires, Amarelle, Bembibre, Ourense B, Meigas ou Cidade das Burgas.
Paula xogou estas tres últimas temporadas no equipo feminino do Lago DVSport, no que ademáis de ser unha porteira insustituible, anotou 18 goles, oito nesta campaña, gañando a Copa e quedando subcampiona de Liga. Anteriormente xogara a fútbol 8 no CD As Pontes, pero actuando maiormente de dianteira.
Nova cortesía XF. Foto portada cortesía Vilalba FS Grupo Forma-T
a
amigus.org
Deja tu comentario