As Pontes, 12 de agosto de 2024.- Unha representación da Plataforma foi recibida este luns pola Directora Xeral de Patrimonio Cultural, dona Maria del Carmen Martínez Insua, e polo Subdirector Xeral de Conservación e Restauración de Bens Cullturais, don Manuel Chain Pérez, na sede da Conselleria de Cultura en Compostela, durante máis de hora e media.
○ tema central da xuntanza foi ○ expediente de declaración de BIC (Ben de Interese Cultural) da cheminea da Central Térmica, do que a representación da Plataforma foi informada da súa tramitación. Por parte da Xunta, e segundo ○ establecido na lei de Patrimonio Cultural de Galicia, solicitáronse informes aos órganos consultivos, noemadamente ao consello de cultura galega e a catro relacionados co sistema universitario galego, dos cales, un foi favorable -a lei require dous-, outro non foi concluínte, e o resto non se pronunciaron; é dicir, ningún deles foi desfavorable.
Por outra banda, no prazo dun mes de alegacións, rexistráronse tres en contra da declaración, entre elas a de Endesa e a do Concello, mentres que fóra do prazo foron tres a favor e catro en contra, ademais da reiteración de Endesa e do Concello -cun informe técnico da Deputación da Coruña-
A información recibida da propia Xunta é ○ punto de partida para as actuacións posteriores que a Plataforma vai valorar nunha próxima e inmediata reunión interna, nas que se contempla a solicitude da convocatoria dun Pleno do Concello, e das que informará de xeito puntual.
Deja tu comentario