O pleno do Concello das Pontes, reunido en sesión extraordinaria, aprobou hoxe cos votos a favor do BNG e PP e a abstención do PSOE unha moción de apio á folga convocada pola CIG para este xoves 23 de novembro. Así mesmo, no texto faise un chamado a participar no paro xeral e na manifestación que sairá ás 12:00 horas da Praza do Carme.

A moción foi presentada polo BNG a instancias da CIG, que quere agradecer publicamente o respaldo dado pola Corporación municipal á convocatoria de folga. E neste sentido, a central nacionalista insta a todos os traballadores e traballadoras da localidade a secundar a folga e asistir masivamente á manifestación para exixir solucións que garantan o futuro industrial e social das Pontes.

 

galiciaxa.com