Elena López durante a súa intervención, que compartiu mesa con representantes da Agencia Portuguesa de Medios Ambiente, EVOA e Wildsteps Productions, fixo un pequeno recorrido polo proceso de transformación do oco mineiro en lago para, a continuación afondar nos principais rasgos medioambientais do espazo e nas diversas accións de educación medioambiental llevadas a cabo durante os últimos anos.
Elena López tamén subliñou a importancia deste encontro que “non só nos permite dar a coñecer o traballo e a experiencia das Pontes na xestión e mantemento dunha praia interior con bandeira azul senón tamén para compartir experiencias e promover a colaboración entre diferentes territorios que apostan polo coidado polo medio ambiente e a súa posta en valor como recurso turístico e económico“
IV Congreso Ibérico de Bandeira Azul en Praias Continentais
“A localidade alentejana de Reguengos de Monsaraz acolle os días 10 e 11 de abril o IV Congreso Ibérico Bandeira Azul en Praias Continentais». Este congreso ten como obxectivo impulsar espazos de gran interese medioambiental e turístico sostibles e contou con destacados ponentes para abordar temáticas relacionadas coa calidade das augas continentais, os criterios para a obtención da Bandeira Azul, entre outros e todo o relativo a infraestructuras, accesibilidade, servizos, educación ambiental, seguridade e socorrismo.
Fuente Concello de As Pontes
Deja tu comentario