As Pontes preparou un amplo programa de actividades para este Nadal, que se estreaba co acendido da iluminación, un evento amenizado por Cherry Sweet e que o Concello recolleu nun vídeo para felicitar estas entrañables festas aos veciños.

Despois de acoller maxia e diversos espectáculo, este domingo, día 11, ás 18.00 horas, chega o tempo de cumplir con outra tradición, o Festival de Nadal da Rondalla Vila de As Pontes, que estará acompañada por Estrelecer de Fene.

As propostas continuarán o 15 de decembro coa programación dos Xoves na Biblio, que levarán ao salón de actos da Casa Dopeso, a partir das 18.00 horas, a obra sensorial para bebés Que animaliño é?, a cargo de Trémola. E tamén da man da biblioteca municipal Rivera Rouco chegará o ilusionismo do Mago Román García. Será o día 29, no mesmo horario e no mesmo escenario.

A cita coa música será dobre o sábado 17. A mediodía, a pianista Mariana Prjevalskaya ofrecerá un recital de piano na Casa Dopeso, no marco do programa cultural da Deputación da Coruña e con motivo do 150 aniversario do nacemento de Alexandre Scriabin. No serán, ás 19.00 horas, será o auditorio municipal Cine Alovi o que acolla o concerto do cantante Andrés Balado, presentado o seu disco Entrelazados.

O día 20, ás 17.30 horas na Casa Dopeso, o alumnado do Conservatorio de Música Profesional das Pontes ofrecerá o concerto PequeNadal e o 26, ás 19.00 horas no auditorio municipal recollerá o testemuño a Banda Municipal e Recreativa das Pontes co seu Concerto de Nadal.

O Concello programou o día 30 espectáculo de circo acrobático Distans da compañía Vol`e Temps. Será ás 19:00 horas no Cine Alovi.

Do 23 de decembro ata o 4 de xaneiro, o patio do colexio Santa María acollerá ‘Tempo de Nadal’, proposta dirixida a menores de tres a 14 anos, con obradoiros, karaoke, inchables ou batallas de nerf, entre outras actividades. Ademais, os días 24 e 31 de decembro e o 2, 3 e 4 de xaneiro, diferentes grupos musicais e compañías de teatro e de circo animarán cos seus espectáculos ao aire libre as rúas do centro da vila. E os días 29, 30, 2 e 3, de 16.00 a 20.00 horas, o Tren de Nadal chegará ás Pontes para facer un recorrido pola vila.

A programación culminará o día 5 coa tradicional Cabalgata dos Reis Magos, que sairá ás 18.00 horas da Rúa Monte Caxado para facer o seu percorrido habitual e rematar na casa do concello cunha recepción. A continuación actuará o grupo Rock Kids Le Suite Band e haberá chocolate con churros.

El PROGRESO