O Concello está levando a cabo a construción dunha fonte transitable no parque infantil do Campo da Feira, un dos lugares de lecer máis frecuentados . A finalidade desta intervención é principalmente contribuír á mellora estética e ornamental, pero tamén se concibe coma un elemento máis de xogo para a rapazada nos meses de verán . As obras están contratadas a empresa CANOSA SL .