A Plataforma pola Defensa do Patrimonio Industrial das Pontes, en asemblea celebrada nos últimos días, acordou, entre outros puntos, dirixirse á Corporación das Pontes, fundamentalmente ao alcalde, para solicitar unha reunión co obxectivo de impulsar a creación dunha comisión. Esta comisión tal e como se acordara previamente, estaria formada pola Xunta, Endesa, ◦ Concello e a Plataforma. A súa finalidade será, ademais de tratar a declaración como BIC da cheminea de Endesa, buscar novos usos para ○ parque de carbóns e outros edificios da central, de xeito que poidan continuar en servizo para outras actividades e evitar o seu derrubo.
Nos últimos dias tamén nos diriximos á Conselleria de Cultura e á Dirección Xeral de Patrimonio enviando documentación adicional e solicitando unha reunión para recibir información sobre a publicación, no DOG, do Decreto de incoación do expediente de declaración BIC da cheminea, solicitado pola nosa plataforma ○ pasado 26 de setembro.
Así mesmo, acordamos solicitar ao Concello que modifique ○ escudo municipal por outro no que figuren a cheminea e o lago. A nosa proposta é convocar un concurso de ideas, ainda que xa lles enviamos unha mostra do que pretendemos, que se achega a este escrito, Hai que recoñecer que tanto ○ lago como a cheminea representan dúas das construcións máis transcendentais que se crearon na historia das Pontes.
@plataformapatrimonioindustrial
@PatrimonioAS
Plataforma en Defensa do Patrimonio Industrial das Pontes
Deja tu comentario