As Pontes, 4 de abril – A Plataforma en Defensa do Patrimonio Industrial das Pontes mantivo un encontro esta semana co grupo parlamentario
do Bloque Nacionalista Galego, representado por Xosé Manuel Golpe Acuña e Mercedes Queixas Zas, para tratar diversas cuestións relacionadas co patrimonio industrial da localidade e explorar vias de colaboración.

Durante a reunión, ambas partes intercambiaron impresións sobre a importancia da preservación do legado industrial pontés, subliñando a necesidade de impulsar medidas que garantan a protección e posta en valor deste patrimonio.

Dende a Plataforma, queremos expresar o noso agradecemento pola dispoñibilidade do grupo parlamentario do BNG a participar e colaborar
neste proceso, que consideramos fundamental para a identidade e o futuro de As Pontes.

Plataforma en Defensa do Patrimonio Industrial das Pontes