Cada ano por estas datas do inicio veraniego ven sendo habitual o Maratón das Festas do Carme organizado polo Esteo FS.

Na tarde do domingo disputáronse as tres finais, e a feminina foi a máis igualada gañando Barbarroja 2-1 a Boa Vibra, namentres que nos veteráns goleou Canalones Freijo 4-0 á Cepa, a pesar das paradas de Dasilva.

Na final máis agardada, a sénior, Muebles Eume gañou 6-3 a Amei Danza, con dous tantos do gran vilalbés Isma Vázquez, que xogara en Segunda División co Santiago Futsal, e tamén doblete do recén ascendido pontés Bruno, ao que acompañou marcando o seu compañeiro de equipo lucense, o porteiro Yeray Espiñeira.

No equipo de Basoa tamén estaban Alex Cabarcos, ascendido co Bergantiños, agora no Ourense, ou o capitán do Esteo Héctor, entre outros. Ao remate do evento entregaron os diversos trofeos o Alcalde Valentín González e as concelleiras Ana Pena e Elena López.

 

amigus.org