A CHEMINEA das Pontes é unha estrutura emblemática do noso pobo construída en 1974, máxima representante do patrimonio industrial e testemuña dun pasado que, coas súas luces e sombras, marcou un fito central no discorrer técnico e social, tanto a nivel local como estatal. Endesa ten a intención de derrubala xunto con todas as instalacións da Central Térmica e xa obtivo a licenza municipal para facelo.

En resposta, o pasado 29 de xullo, movidos por unha sensibilidade compartida sobre ese significado cultural, un grupo de persoas de procedencia diversa constituíron a Plataforma en Defensa do Patrimonio Industrial das Pontes, Facemos un chamamento á poboación a sumarse a ela e participar nas actividades públicas que organizaremos. Necesitamos unha forte mobilización social para cambiar os obxectivos de Endesa. O noso futuro non pode construfrse derrubando o pasado e non debemos conformarnos cunha simple exposición fotográfica como memoria.

En virtude do anterior, as persoas asinantes deste manifesto vimos a SOLICITAR:

a) A ENDESA GENERACIÓN SA que renuncie a executar o proxecto de demolición de parte das instalacións da Central Térmica das Pontes.

Rexeitamos o falso debate entre o desenvolvemento económico e a protección do patrimonio industrial. A conservación da Cheminea e doutros elementos de alto valor, como o Parque de Carbóns, non é incompatible coa instalación de futuras industrias no territorio. Ademais, hai outras instalacións na propia Central que, sen ter carácter patrimonial, non ten lóxica desfacerse delas sen facer unha valoración sobre as posibilidades de uso; referímonos a talleres, almacéns, oficinas, etc.

Recordámoslle a Endesa o seu compromiso con As Pontes, inscrito dentro do «Acordo por unha Transición Enerxética Xusta para as centrais térmicas en peche», e que este compromiso integre non só os proxectos industriais, senón tamén os culturais centrados no patrimonio industrial.

b) Que o CONCELLO acorde a SUSPENSIÓN temporal dos efectos da licenza concedida ata que unha comisión Endesa-Concello-Xunta-Plataforma determine de forma razoada os elementos patrimoniais mínimos a conservar e as condicións de todo tipo para a súa preservación,
Entre eles estaría a propia Cheminea, polo que instamos tamén ao Concello a apoiar a súa declaratoria como Ben de Interese Cultural da Consellería de Cultura.

Esta SUSPENSIÓN estaría amparada en criterios técnicos ampliamente consensuados no eido do patrimonio e a súa posta en valor. Falamos da Carta de Nizhny Tagil sobre o Patrimonio Industrial (2003), elaborada polo Comité Internacional para a Conservación e Defensa do Patrimonio Industrial (TICCHI), asesores do Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS-UNESCO); a ‘Carta do Bierzo para a Conservación do Patrimonio Industrial Mineiro’ (2007) do Instituto de Patrimonio do Ministerio de Cultura; os Principios de Dublín (2011) do ICOMOS- UNESCO; 0 ‘Informe sobre as Centrais Térmicas en proceso de desmantelamento’ do Ministerio de Cultura; ou as conclusións do ‘VIl Congreso sobre a conservación do patrimonio industrial e da obra pública’ organizado nas Pontes en 2017 polo TICCIH, e financiado polo propio Concello das Pontes e a Deputación da Coruña; decindo: «é preciso e perentorio realizar e/ou actualizar inventarios, rexistros, declarando e incorporando os elementos, conxuntos e bens representativos nos catálogos urbanísticos e nos Bens de Interese Cultural (BIC).

c) Que o CONCELLO someta a demolición a unha consulta popular. Existen antecedentes como a consulta feita sobre as chemineas de Sant Adria de Besos dunha Central de Endesa no ano 2008.

5 de agosto de 2024

Primeiros asinantes do manifesto 5 de xullo:

Juan Bellás Díaz

Sebastián Bellas López

Colectivo Bidán

Daniel Bouza Criado

Xesús Castro Lozano

Verónica Castro Corral

Manuel Cazás Mesía

Xosé-Bieito Coello Coello

Mónica Da Silva Beceiro

María Dopico Rodríguez

Carmela Franco Caaveiro

Asociación de Estudios Históricos e Sociais Hume

Iria González Martínez

Xosé Guerreiro Pena

Miño Guerreiro Rodríguez

Efrén Legaspi Bouza

Aquilino Meizoso Carballo

Xosé Antón Pernas Ferro

Jesús Manuel Chucho Ramos Lage

Jesús Manuel Vérez Díaz

Versión en castellano: