Ante la falta de contestación por parte del Comité de Empresa al primero de los escritos solicitando su incorporación al debate sobre la clasificación de los puestos de trabajo de los trabajadores municipales, los miembros  de la Radio-Television de As Pontes se han dirigido de nuevo al Ayuntamiento  esta vez a la responsable del departamento de personal del mismo la concejala Ana Pena para que posibilite la consecución de su derecho a participar en  dichas negociaciones.

14 de xuño de 2022

Atención do Departamento de Persoal do Concello das Pontes:

Ante a falla de resposta ao escrito presentado o pasado 6 de xuño de 2022, no rexistro municipal do Concello, dirixido ao comité de empresa, expoñemos que:

Os traballadores e traballadoras do departamento de Radio Televisión Municipal esixen o dereito a formar parte das negociacións da relación de postos de traballo que se está a abordar entre concello e representantes do persoal municipal, ao igual que sermos contemplados en calquera tipo de restructuración laboral ou económica que se poida negociar.

Debido á falla de resposta do comité de empresa, dirixímonos a esta concellería logo de termos amosado, unha vez máis, a nosa intención conciliadora e negociadora, superando amplamente os prazos dados para recibir unha explicación que,  a día de hoxe, non chegou.

Atentamente. –

Xosé Cendán Montero   Carlos Orejas Román    María José Pita Rodríguez

 

José Miguel Bouza Bermúdez         Miguel López Paz                            Erica Caaveiro Seijas