Posteriormente, a delegada desprazouse ao Concello de Cedeira, outro dos municipios do ámbito territorial beneficiarios das axudas do Fondo de Compensación Ambiental, creado para distribuír o canon eólico en beneficio da conservación e restauración da contorna, así como do reequilibrio territorial.

Neste caso, acompañada polo alcalde, Pablo Moreda, coñeceu a última incorporación ao parque de maquinaria municipal. Trátase dun camión con caixa basculante en aluminio e grúa incorporada que se destinará a tarefas de protección do Medio Ambiente. A achega autonómica ascendeu a 88.116,24 euros e ademais de destinarse á adquisición deste vehículo, permitiu sufragar a contratación de persoal.

A delegada territorial lembrou que As Pontes e Cedeira son dous dos 11 municipios do ámbito territorial, xunto aos de A Capela, Cariño, Mañón, Monfero, Narón, Ortigueira, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño, beneficiarios este 2025 da liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental que deixou na zona máis de 856.000 euros en axudas.

GALICIA ÁRTABRA DIGITAL