A central térmica de Endesa nas Pontes deu inicio finalmente e tras varios retrasos ás esperadas probas cunha mestura de biocombustibles e carbón que, no caso de que fosen eficientes desde o punto de vista técnico e rendibles economicamente, permitirían evitar o peche destas instalacións das que dependen, entre empregos directos e indirectos, ao redor de 700 familias da comarca.
Estas probas, que se están a realizar na propia central, están sendo supervisadas dende todos os sectores xa que podería supoñer evitar o peche da central. Nesta operación está inmerso Marcos Prieto Seijas, especialista de Laboratorio e Medio Ambiente que tamén forma parte do comité de empresa e ocupa o cargo de sercretario de Política Industrial da UGT FICA Endesa.
En qué consisten as probas que se están a realizar este mes en Endesa?
Este mes empezamos coas chamadas probas de aproximación. A súa función é ir sustituindo paulatinamente o carbón por biocombustibles para comprobar si aparece algún problema e estudar a solución ó mesmo.
Cando se poderán saber os resultados?
Inicialmente xa se constata que é factible operar o grupo cun 50% de biocombustibles e nas próximas semanas disporemos das análisis químicas en profundidade de cinzas, lodos, etc. donde esperamos ratificar o enorme beneficio medioambiental que supón valorizar este tipo de refugallos, que se atopan fora da cadea de valor, retirando gran cantidade de contaminantes de campos e montes.
Podería significar un futuro diferente ao peche?
Si, o compromiso do conselleiro delegado José Bogas en sede ministerial é que si as probas demostran a viabilidade técnica, medioambiental e económica, a central continuará operando. Obviamente si ata o de agora a causa principal do peche é a perda económica para Endesa/Enel por mor dos impostos que leva asociado o uso do carbón, un cambio a un biocombustible limpo fai desaparecer a razón principal para o peche.
A nivel medioambiental que suporía?
Un éxito a nivel europeo, este é sin duda un dos máis importantes proxectos medioambientais. O uso dos excedentes de lodos primarios de gandería e lodos de depuradora entre otros refugallos, suporía a posibilidade de eliminar os contaminantes e o exceso de nutrientes dos nosos terreos que saturan acuíferos, envenan pantanos e rías, aportando valor engadido a unhos refugallos que a partir de xullo do 2022 pasarán a ser material de vertedoiro, eses polos que levamos anos pelexando para eliminar.
Como ve a reacción da empresa a todo o que está pasando?
Escéptica, dame a impresión que o potencial de este importante proxecto non está chegando ás presoas que teñen que tomar as decisións.
Como vén o apoio das diferentes administracións?
Fundamental. Tanto o Ministerio para a Transición Ecolóxica como a Consellería de Industria e por suposto o Goberno Municipal están actuando de garantes nos resultados das probas. Entendemos que o futuro deste proxecto, paradigma da economía circular, e medioambiental, está en grande medida nas mans dos políticos.
Xa hai algún resultado provisional?
Os resultados provisionais son que estivemos traballando con porcentaxes de sustitución do 30, 40 e 50% do carbón por biocombustibles a base de lodos de depuradora e outros refugallos, sin problemas operacionais importantes, incluso mellorando determinados parámetros da propia combustión.
Como reciben os traballadores o último investimento anunciado por Endesa para As Pontes?
Necesario. Co gallo da parada de mantemento obrigada polas horas de funcionamento da central de ciclo combinado, aprovéitase para facer unha actualización das instalacións para mellorar a súa resposta ás necesidades do consumo actual, esperando mellorar a súa disponibilidade.
Hai moitas esperanzas nestas probas e hai moito medo a que se enturbien os resultados. Está garantizada a transparencia?
Sí, as administracións públicas están supervisando as probas e velando pola imparcialidade dos resultados.
Para a redacción do informe final, existe un comité técnico integrado por MITECO a través do IDAE; INEGA e Medio Ambiente da Xunta de Galicia e o Concello das Pontes ademáis dos expertos de Endesa que teñen o mandato de velar pola transparência das probas. Hai que pensar que é um proxecto capital para o médio ambiente, o emprego.
Nosoutros en base á experiencia xerada cos anos de funcionamento da central, os cambios de combustibles realizados con aterioridade, temos a firme convicción da viabilidade da sustitución do 100% do carbón con mínimas inversión.
Temos que pensar que a instalación foi creada para consumir o lignito pardo que se extraía na mina das Pontes, un combustible de moi baixo poder calorífico menor incluso que os biocombustibles cos que estamos a probar.
Habería outras opcións para a central de non ser positivas as probas?
Non, Endesa ten provisionados aproximadamente 200 millons de euros para a súa demolición.
Como está vivindo a veciñanza esta espera?
É un pouco agónico. Temos que ter en conta que por un lado están traballando na recolocación do persoal própio o que suporá a emigración e por outro, dilatando a realización das probas. É importante non precipitarse pero está xerando moita incertidume na veciñanza, que ve perigar o futuro de moitas familias. Ademáis, os proxectos de reindustrialización non están consolidados nin teñen carga presupuestaria polo de agora, son fume.
Fonte. Terracháxa
Deja tu comentario