Despois do éxito da primeira edición, o club náutico Folixa organiza unha nova saída nocturna para ver a lúa navegando sobre o lago das Pontes.
A sesión dará comezo ás 20.30 horas e o obxectivo é poder desfrutar do anoitecer. A saída realízase en kayak, bigsup ou paddleSurf.
As persoas que desexen anotarse ou máis información poden facelo no teléfono 655 221 544 ou no correo nauticofolixa@gmail.com. As prazas son limitadas
Deja tu comentario