Non houbo sorpresas, tal e como estaba previsto ENDESA puxo punto e final este principio de ano a explotación da CT con mais capacidade de xeneración eléctrica do Estado, 1400 Mw, ó ser desconectada da Rede Nacional Eléctrica. Péchase pois o ciclo de carbón iniciado no ano 1949 coa inaguración da central térmica de 30 Mw., cuia imaxe figura no escudo do Liceo, coa presenza do Xeneral Franco, unha construcción singular con 2 sáas de turbinas que hoxe serían un gran atractivo como museo industrial e incluso para formación de profesionais seguindo a tradición dás olvidadas escuelas de aprendices. Pero non houbo,e polo visto agora tampouco, unha cociencia colectiva para defender e conservar o noso Patrimonio.
Remata así un período marcado pola influencia de Endesa en todolos eidos da vida e de desenvolvemento local. O alongamento de explotación da Central, o seu tempo de funcionamento estaba previsto para 25 anos, debeuse ás sucesivas reformas feitas nás caldeiras, deste xeito o sistema superou tódalas dificultades técnicas e medio-ambientais que o cambio climático iba esixindo.
E isto levoume a repasar notas que teño en varias axendas que corresponden a diferentes xuntanzas coa dirección de Endesa-As Pontes. Nunha delas aparece unha conversa có daquela Delegado de Endesa, D. Carlos Fornos Luis, onde nos explicou todo o proceso de reformas que necesitaba a Central e que iba a presentar en Madrid un Plan para a construcción dun Ferrocarril para transportar o carbón de importación dende o Porto de Ferrol, él era optimista a este respecto.O conflicto sindical derivado dun acordo asinado entre Endesa e CCOO dexenerou nun clima de crispación, alimentado pola outra representación sindical, que pagou coa vida esta persona totalmente comprometida có futuro de As Pontes, o non poder soportar a presión a que foi sometido dentro do ambente irrespirabel que se vivía na localidade.
No ano 1997 como partícipe da sinatura do Plan de Desenvolvemento trasladeime a Conca Mineira Asturiana para coñecer o funcionamento e resultados conqueridos polo Viveiro de Empresas instalado nun edificio moderno onde se promocionaba a iniciativa empresarial beneficiándose das axudas do Plan Miner, un Plan diseñado para a Mineiria de Interior o que fomos incorporados posteriormente as Minas a Ceo Aberto grazas a xestión feita polo entonces Secretario da Minería de CCOO Rafael Varea, tal e como me comentou o mesmo Rafael.
A experiencia adquirida neste viaxe foi premonitoria, ás 10 da noite saín a dar un paseo pola Felguera. Esta localidade pertencía a unha dás Comarcas con maiores salarios do Estado antes de decretarse o peche regulado da Mineiría de Interior. Preguntando a un veciño onde se podía tomar algo contestoume decindo que a esa hora era difícil porque a las 10 estaba todo cerrado,diante a miña sorpresa comezamos unha conversa onde me explicou que a Felguera tivera 18.000 veciños na época da puxante explotación mineira pero que naquel intre non pasaba dós 10.000 e que a xuventude emigrara a outros destinos na busca de oportunidades que alí xa non existían. Lección aprendida.
Tal e como se desenvolveron os acontecementos, agora mesmo As Pontes está atravesando unha situación semellante. Ó proceso de falta de identidade propia vénse reflexando no peche de negocios cunha longa tradición, ou no peor dós casos, coa venda de empresas dun alto valor económico que testifican unha realidade social desacougante. No camiño quedan empresas de alta capacidade de emprego como Cuiña e os Armeiros, a fraxilidade que están amosando empresas como Einsa e Galparqué non é un bon síntoma, por non falar do traslado de transportes Tojeiro a Betanzos producido con anterioridade. Negocios de ferretería, panaderías e restaurantes pechados, Farmacias tales como Illade e De La Fuente que xa non son de tituralidade pontesa e a venda dunha empresa para min moi especial pola relación que tivemos moitos anos, a dós irmaos Gabeiras. Vénseme a memoria con sentimento, o primeiro autobús Chevrolet 6 cilindros comprado nós anos 50 có cal Rodrigo puxo en marcha o crecemento dunha empresa de gran valor, netamente pontesa.
E todo esto acontencía cando as sucesivas corporacións e alcaldes tiñan informes e estudos de reputados economistas do que se nos aveciñaba a pesares da creación do Polígono de Penapurreira e ampliación dós Airios. Pero posiblemente non toda a culpa recae nos que dirixiron o Concello nós derradeiros anos, esto e o mais doado, senón tamén, en boa parte, por unha vecindade anestesiada polas festas e outros experementos que non se decataba da sinal que recibíamos da xente que abandoaba As Pontes a outros destinos e residencias. Xa perdéramos, como na Conca Asturiana, ese gran capital de xente xoven altamente cualificada que hoxe en día están exercendo con solvencia a súa especilidade nós seus actuais puntos de residencia.
*En la foto la primera pala excavadora utilizada en As Pontes. La pala fue trasladada por transportes especiales Borrajo (el propietario era de Espiñaredo) después de ser desmontada en Palencia por Miguel Varela de Talleres Varela de As Pontes y padre de Julio Varela. Comenzó a trabajar en la mina de Portorroibo en 1944
Julio Varela Pena
Deja tu comentario