Esta semana estase a disputar no país centroamericano a primeira proba da Copa do Mundo de Tiro con Arco 2021 e cara aló desprazaronse os dous arqueiros ponteses do Clube Silex.
Na rolda previa de 72 tiradas, Miguel Alvariño foi o mellor dos españois, noveno con 670 puntos, por 694 do mítico Brady Ellison, que liderou a proba. Por detrás, Dani Castro foi 13º con 666, Pablo Acha 28º con 658, e 46º Ken Sánchez con 619.
Nas roldas eliminatorias xenial Daniel Castro, que gañou en dezaseisavos de final ao indio Bommadevara por 6-5, 9-9 na frecha de desempate, máis cercano ao dez, 6-2 ao colombiano Jorge Enríquez en oitavos, e 6-4 a Nicholas D´Amour, das Illas Virxes, en cuartos.
Pola súa banda, Alvariño gañou nos dezaseisavos ao canadiense Brian Maxwell 6-4, en oitavos 6-5, 9-8, ao holandés Sjef Van den Berg, o mesmo rival que tivo na final europea de Bakú 2015, caendo 4-6 en cuartos ante o holandés Steve Wijler, Campión de Europa, e do Mundo Indoor.
Na primeira rolda Pablo Acha perdeu 5-6, 9-10, ante o holandés Rick Van der Ven, e Ken Sánchez ante o belga Senna Roos 1-7. Nas semis, o indio Das contra o mexicano Alvarado, e Wijler contra Dani.
Nas probas por equipos, Miguel, Dani e Pablo fixeron a sexta marca da previa, con 1994 puntos, o ano de nacemento de Maikel, e venceron na rolda previa ao combinado local de Guatemala por 6-0.
Logo triunfaron en cuartos, por 5-4, con 27-26 nas frechas de desempate, ante o poderoso equipo da India, terceiro da previa, e gañaron 6-2 en semis nin máis nin menos que a Francia, segundo da previa e gañador dos Xogos do Mediterráneo.
Bronce para Alemaña e cuarto posto para Francia. Competirán na final España contra Estados Unidos, primeiro da previa con 2036 puntos.
No Recurvo Mixto, Alvariño e Elia Canales partían coa sétima marca da previa e nada puideron facer ante a parella india, segunda, e caeron por 0-6.
amigus.org
Deja tu comentario