De onde vimos, onde estamos e onde queremos ir, que non ten porqué coincidir con onde nos queren levar. Este debería ser o marco no que analizar a situación socioeconómica das Pontes.
Non me sorprende a análise simplicista e falta de rigor do Sr. Fermín Paz. Demasiadas cousas escuras no pasado, mellor non tocalo.
A crise das Pontes non empeza co anuncio do peche da Central. Hai que ir máis atrais, o pasado explica o presente.
Subordinación histórica dos gobernos municipais e servilismo sindical ós intereses de Endesa. Regalóuselle a Endesa o peche da mina. Os plans de prexubilacións foron un traxe feito á medida das necesidades de Endesa. Entre os xastres encarregados de tomar as medidas estaba o Sr. Fermín Paz.
O goberno municipal do momento delegou a defensa dos intereses das Pontes no Comité de Empresa de Endesa. Mentres Endesa carretaba tranquilamente carbón dende Ferrol, o Comité de Endesa promoveu un corte de tráfico en Rábade e outro en Pontedeume. A explicación é sinxela: A protesta non era contra Endesa, a protesta era contra o Estado, había una consigna “agachada”: CARTOS PÚBLICOS PARA PAGAR AS PREXUBILACIÓNS DUNHA ENDESA PRIVATIZADA E CON BENEFICIOS MULTIMILLONARIOS, unha Endesa que recibía subvencións cunha mao e coa outra prestaba cartos ós seus traballadores pra mercar accións, nunha compra descarada de concencias e co silenzo cómplice do Comité de Empresa. O culmen do desaguisado chegou nunha asamblea celebrada no Lar e presidida polos 3 sindicatos, cando no turno de palabra, un traballador pediu á mesa sindical que promovera o boicot ós préstamos e ás accións. Diante das risas da mesa, Sr. Teruel incluido, esixín que se votara a proposta e, así se fixo. A mesa abstívose, ¿eran neutrais? A proposta tivo 6 votos, de 200 votantes. Mais non sempre o Comité de Endesa foi neutral, así tivo unha postura moi activa pra respaldar a Endesa na súa negativa a pagar as tasas municipais pola reforma da Central, acabou pagando 360 millóns de pesetas.
O mesmo nivel de indecencia ocurriu ca concesión da licencia de actividade do parque de carbón de Saa, sen medidas ambientais nin de seguridade que, convertiu a vida dos veciños nun inferno de polvo.
Nesa subordinación política e sindical ós intereses de Endesa, pregúntome se tivo algo que ver o ingreso, a dedo, na nómina de Endesa, no marco dos ERES, de rapaces e rapazas con apelidos de ilustres políticos e sindicalistas locais.
Hai que buscar no pasado a orixe do presente, pra aprender, pra non repetir os erros nin os engaños.
A primeiros dos 90 os alemáns, Fellmuller, presentaron un proxecto de celulosa pra As Pontes. De seguido, Roberto Tuxeiro presentou un segundo proxecto.
A Xunta contestoulles que non había lugar pra dous proxectos de celulosa nas Pontes, que se puxeran dacordo. Os alemáns desistiron do proxecto e o FILLO PREDILECTO non seguiu adiante. Somentes trataba de chupar roda.
No medio deste proceso, o Concello das Pontes convocou un pleno pra tratar o asunto da celulosa e, sorpresa, o grupo municipal encabezado polo Sr. Fermín Paz, non asistiu ó pleno.
Dúas propostas de celulosa, ninguna saiu pra diante. Xogo de tahúres.
Hoxe, dúas propostas de pranta de hidróxeno, ¿repítese a historia? ¿xogo de tahúres?
Demasiadas cousas sen explicar por parte do Sr. Fermín Paz. Demasiada oscuridade nas súas actuacións. Demasiadas razón agochadas.
Tampouco sabemos as razóns polas cales, o Sr. Fermín Paz apostou no 87-91 por un pacto co PP no Concello das Pontes cando era posible un pacto da esquerda.
Pra rematar, pídolle ó Sr. Fermín Paz que xa posto a poñer luz a tanta escuridade, explique tamén a súa espantada na loita pola readmisión de Matalobos.
Xosé Guerreiro Pena
Extraballador de Enfersa / Extraballador de Endesa / Fundador do SOG das Pontes
Esa criatura e un esquirol. Si lle chamas asi ,gustalle mais.
Vostede ten moita influencia,en AMIGOS?
ustalle mais
Pepe ten moita razon. Imomos quedar se voz cando a xente perdamos o filo historico, como indica, as cousas non acontecen per se. Cada vez mais os rapaces se lles ensina menos a interpretar menos os datos historicos, viven nun mundo atrofico, totalmente influenciado por unha mala educacion. E, digo, mala educacion porque, os mestres estan pra ensinar, os pais pra educar. A sociedade que temos e a consecuencia do primeiro. Loxicamente, a miña opinion.