O italiano Francesco Zampacavallo e o español Carlos Francés, Campións do Mundo en Alemania 2018, ambos do RCN Valencia, foron os gañadores da Copa de España de Vaurien, que se celebrou no Lago pontés durante esta Semana Santa.No segundo escalón do podio quedaron Pablo Cabello, Campión Mundial en Polonia 2017,  e David Fernández, e no terceiro Tone Pérez e Miriam González, ambas embarcacións do Naútico de Vigo.Do mesmo equipo foron as gañadoras femininas e tamén xuvenís, Paula e Paloma González. A mellor embarcación local foi a formada por Marta Torres e María Lefler, que quedaron terceiras na categoría feminina.

amigus.org