O proxecto, cun orzamento de 211.000 euros, con cargo a fondos propios, permitirá a execución dunha nova instalación que se localizará no extremo final da actual zona de tiro para, deste xeito, investir osentido da mesma e evitar que á luz do atardecer afecte á visibilidade dos arqueiros.
Unha actuación que permitirá mellorar as condicións de adestramento dos deportista que integran o Club Silex, no que se formaron importantes figuras do tiro con arco, entre as que destacan os olímpicos Miguel Alvariño e Daniel Castro, ademais de permitir ampliar os horarios de adestramentos e poder poñer en marcha competicións de carácter oficial
O proxecto prevé a execución dunha nave cuberta e pechada, que servirá de almacén para os parapetos das dianas e outros útiles de tiro e cuxa cuberta se prolongará catro metros para xerar un soportal onde poder adestrar, ao aire libre, completamente protexidos das as condicións meteorolóxicas adversas.
Construirase tamén unha nova soleira que servirá como liña de tiro exterior para poder organizar competicións oficiais, localizada a 90 metros da zona cuberta que existe na actualidade.
El volumen construido terá unha cuberta a unha sola auga en caída cara a zona do porche, sendo a superficie útil da nave almacén interior de 261 m2 e a do porche exterior cuberto de 101 m2
Deja tu comentario