Logo de cumprir os primeiros catro meses desde a súa constitución, e coincidindo co Nadal, a Plataforma en Defensa do Patrimonio Industrial das Pontes organiza unha xornada audiovisual para reflexionar e debater sobre o desmantelamento da central térmica das Pontes e as súas repercusións para a poboación.
Proxectarase o documental Luz de Gas (2023), que “repasa o declive do sector enerxético turolense ligado ao carbón, desde o peche das minas de Ariño en 2019 ata o desmantelamento da Central Térmica de Andorra.”
Un caso moi similar ao das Pontes, que pode revelar aspectos clave sobre o noso futuro como pobo
Deja tu comentario