Tivo lugar durante esta ponte festiva no lago pontés

Esta ponte disputouse no Lago pontés o Campionato Galego de Vela Vaurien – Regata Vila de As Pontes, o que se puido porque dado o pouco vento existente non se puideron celebrar todas as mangas.

Na categoría absoluta resultaron gañadores Pablo Cabello, Campión Mundial en Polonia 2017, e Iria Eguía, na feminina Ana de Fátima e Marta Reboredo, e na Xuvenil, Nicolás González e Martín Pérez, todos do RC Náutico de Vigo.

Por parte local destacar a Marta Torres e Mariano Torres (CVF As Pontes-RCN A Coruña), plata en categoría Xuvenil.

Entregaron os diversos trofeos Manuel Villaverde da Federación Galega, Miguel Ferreiro do Clube Fluvial de Vela, e os concelleiros Chicho Tembrás e Elena López.

amigus.org