Levamos, un tempo, nas Pontes, discutindo se conservamos algunhas edificacións de ENDESA, ou voamos todo e reducímolas a escombro.

Non é novo o de voar todo, si é novo o debate, neste caso propiciado pola oposición municipal.

E digo que non é novo o de voar todo e o uso da dinamita, porque despois do peche da fábrica de abono (ENFERSA, INI) o equipo de goberno non valorou a posibilidade de conservar algunhas desas edificacións, por exemplo o edificio de ensacado ou as oficinas da Areosa. O primeiro , polas súas dimensións e deseño, podería albergar un polideportivo ou un auditorio, e o segundo, podería transformarse nunha residencia de maiores. Nunca o saberemos.

Sí e novo o debate. Non esisteu no caso de Enfersa, ergueuse un, un día e atopouse o escombro. Producido polo uso da dinamita.

Hoxe, un equipo de goberno distinto quere recurrir á dinamita e facer taboa rasa, alegando á necesidade de chan para non sei que vindeiras industrias. Hai que dicir que o peche da mina era unha crónica anunciada. O primeiro plan de prexubilacios foi no 1993. O segundo en 1997 e o terceiro no 2005. Houbo un tempo para planificar o futuro. O que non houbo foi interés. Iso sí, a ENDESA regalouselle o peche da mina.

E digo para non sei que industrias porque como reconvertido do sector de fertilizantes (ENFERSA, CROSS e FERTIBERIA) non me creo nada.

Son bos os cambios de opinión, benvidos os que cando gobernaban, dinamitaron os edificios de ENFERSA. Benvido o equipo de goberno se cambia de opinión.

Un pregúntase se a querencia dos distintos equipos de goberno municipais pola dinamita tera algo que ver có moito que mandou, e sigue mandando, ENDESA, nas Pontes.

Dudo que se chegue a un acordo entre os grupos municipais. Por iso lles poño enriba da mesa, que sometan o asunto a referendo. Ou non estamos preparados para opinar os veciños e veciñas das Pontes?

 

Autoría:

Xosé Guerreiro Pena
Ex-traballador de ENFERSA i ENDESA.