Numerosas persoas sumáronse no serán deste luns nas Pontes á concentración convocada pola asociación de comerciantes, hostaleiros e empresarios Cohempo  para protestar en contra da suba xeralizada dos custos, entre eles o dos carburantes, a factura eléctrica ou a cota de autónomos.

Coa consigna de levar roupa escura e unha candea acesa, os manifestantes reuníronse na Avenida de Galicia, que permaneceu cortada ao tráfico durante a protesta, bloqueada simbolicamente por dous camións dun lado e dous tractores do outro.

Os asistentes, entre os que había comerciantes, empresarios, hostaleiros e veciños, tanto das Pontes coma doutras localidades coma Vilalba, portaron pancartas nas que se podían ler consignas como «carburantes a prezo xusto», «non á subida da cuota de autónomos», «así non se pode traballar», «reducción de impostos xa!», «non somos unha minoría» ou «non ao atraco eléctrico», que tamén se colocaron, xunto con candeas, no paso de peóns da vía.

El Progreso