Concello das Pontes creará, o luns 4, unha conta solidaria para apoiar ás persoas afectadas pola Dana. A través desta iniciativa, cidadáns, entidades e empresas poderán realizar doazóns que serán destinadas integramente a asistir ás persoas afectadas e contribuír a reparar os danos sufridos.

Fuente concello de As Pontes

Unha vez creada esta conta informará, a través dos cauces habituais, para que as persoas interesadas poidan realizar as súas donazóns. Ao mesmo tempo, desde o Concello das Pontes informan de que nos próximos días, en resposta ás solicitudes realizadas desde os operativos de emerxencias, enviarase material e dispositivos de emerxias ás zonas afectadas pola Dana.

Fuente concello de As Pontes