As Pontes, 27/08/2025 – A asociación A Xanela, entidade que traballa coas persoas con diversidade funcional en As Pontes, organiza o vindeiro 28 de setembro a III Carreira Andaina Solidaria «As Pontes Contigo», unha cita deportiva e solidaria que busca promover hábitos de vida saudables, fomentar o deporte inclusivo e apoiar unha causa social local.
O evento contará con dúas modalidades:
- Carreira: 5 quilómetros, con saída e chegada na Rúa 8 de Marzo.
- Andaina: 3,5 quilómetros, apta para todas as idades e condicións físicas.
As inscricións xa están abertas a través da plataforma Deporticket, cunha cota solidaria destinada íntegramente a apoiar os proxectos da asociación.
Desde A Xanela animan «a toda a veciñanza, clubes deportivos, centros educativos e colectivos da comarca a sumarse a esta iniciativa, que cada ano medra en participación e solidariedade».
Para máis información ou xestións de prensa, pódese contactar no teléfono 607 230 249.
Sobre A Xanela:
A Xanela é unha asociación sen ánimo de lucro que traballa pola inclusión e mellora da calidade de vida das persoas con diversidade funcional en As Pontes e comarca, a través de programas de apoio, actividades e iniciativas comunitarias.
Deja tu comentario