Esta fin de semana volve o volei praia ao lago das Pontes coa disputa da segunda quenda da Copa Deputación da Coruña de volei praia de categorías inferiores, que terá lugar os vindeiros días 24 e 25 de agosto.

Tralo éxito de afluencia de deportistas e público asistente durante a pasada fin de semana, xuntando a máis de 300 participantes entre parellas de competición e persoal técnico, o campo de area do lago das Pontes volve acoller outra proba desta Copa Deputación da Coruña de volei praia.

Así, o sábado 24 dará comezo a competición ás 9:30h coas categorías infantil e sub-19, con previsión de rematar arredor das 19:30h da tarde. Xa o domingo 25 será a quenda das categorías alevín e cadete, que comezarán tamén as 9:30h; rematando a competición ás 19:30h coa entrega de trofeos.

https://terrachaxa.com/