O Club de Vela Fluvial As Pontes organiza, xunto coa Real Federación Gallega de Vela e AGCIO, a primeira regata clasificatoria da clase Optimist da nova tempada 2024-2025, na oitava edición pontes, que se disputará os vindeiros 31 de agosto e 1 de setembro no lago.

Está prevista a participación duns 130 deportistas, o que asegura espectáculo e colorido sobre as augas do lago durante a disputa das 6 probas previstas.

Será tamén a oportunidade de ver os resultados que fixeron os diferentes clubs náuticos galegos durante todo o verán para ter a punto os seus equipos, e para ver ós novos regatistas que se incorporan ó circuíto galego.

O sábado 31 a primeira proba do día será ás 15.00 horas e o 1 setembro será ás 11.00.

https://terrachaxa.com/