A Selección Española Feminina Sub17 venceu na tarde deste mércores no Pavillón Municipal á de Portugal por 6 goles a 0. Xa no partido de onte en Guitiriz o resultado foi de 7-2.
Si pola mañá o Concello tiña o luxo de recibir ao Seleccionador Español, Fede Vidal, e a Seleccionadora Claudia Pons, gañadora das tres Eurocopas, Portugal 2019 & Portugal 2022 & Hungría 2023.
Pola tarde no Pavillón Municipal puidose ver ao gran Jorge Braz, Seleccionador portugués, Campión do Mundial Lituania 2021, e dos Europeos de Eslovenia 2018 e Holanda 2022.
Tamén houbo o luxo de poder ver nos graderíos a seis xogadoras do Burela, as mellores, Peque, Irene, Dany e Antía, da Selección Española, a porteira Jozi e a goleadora Emilly.
No partido de hoxe España marchou 2-0 ao descanso, puxo o 4-0 ao comezo do segundo período, e nos derradeiros instantes chegaron os dous últimos goles ata facer o 6-0 definitivo.
Xogaron Xenia Casado, Yanira Guizán, Emma Gandoy, Sara Martínez (1), Carla Martínez, Natalia Arenas, Iraia Romero, Martina Álvarez, Laura Ajenjo, Lucía Jiménez, Carmen Bello (2), Aroa Rodríguez, Lydia González (3), Aitana Cortés.
AMIGUS.ORG
Deja tu comentario