A xogadora de orixen pontés Raquel Rodríguez Ferreiro acadou este pasado domingo o ascenso a Primeira División Española de Fútbol Sala, categoría na que xa xogou, co Castro e Teldeportivo.

O Estrela Cortegada Futsal rematou campión do grupo primeiro de Segunda División con 82 puntos, por diante de El Gaitero Rodiles (tamén ascendido) con 79, e Ence Marín Futsal, con 73.

Foi o equipo con maior puntuación dos tres grupos tras acumular 27 vitorias, por un empate e dúas derrotas, con 192 goles a favor, o que máis, e 34 en contra, o que menos.

Nas eliminatorias polo ascenso venceu en semifinais a CDE Leganés FS Masdeporte por 2-6 e 6-3. Na súa final polo ascenso gañou a CFS Autoescola Urgell Linyola por 1-4 e 7-4.

O equipo ourensán contaba nas súas filas con xogadoras da talla de Rafinha, Anita Ontiveros, Sara Santos ou Jenifer Souza. Raquel anotou oito goles nos 32 partidos disputados. Felicidades.

amigus.org