Como se lle ocorreu presentarse ao concurso Recantos?
Nunca imaxinara acabar aí. Foi unha venada que me deu, un impulso. De feito, cando me chamaron para dicirme que fora a persoa seleccionada e saber se seguía interesado, xa nin me acordaba de que me presentara (ri).
E como está sendo a súa experiencia nun programa tan popular como o Luar?
Esta sendo moi boa, de momento sigo. Eu son un rapaz moi tímido, sempre me deu apuro o de cantar en público, pero cheguei ao concurso e vin que estabamos todos na mesma situación, que compartiamos todos as mesmas sensacións e o amor pola música. Ver que compartes iso con todos os teus compañeiros é moi agradable.
De maneira profesional, non. Eu sempre cantei e miña tía foi cantante no pasado, pero sempre o fixen na casa ou no colexio e no instituto, nos festivais. Tamén teño cantado nalgún acto benéfico, pero nunca me dediquei á música de forma profesional. Eu traballo nunha empresa de hostelería e eventos.
E tras o programa ten pensado probar no mundo da música?
Non teño expectativas nin do resultado do concurso nin do futuro profesional, vou deixar que se vaia vendo como van as cousas.
Cales foron os maiores retos aos que se enfrontou en Recantos?
Na primeira fase cantei o tema Bícame moito, custoume cambiar o chip e non mudar a letra ao castelán orixinal. Na segunda fase tocoume Marabilloso corazón, de Rafael, a letra é moi similar todo o tempo e tiven que traballar moito para asimilala e diferenciar que frase tocaba en cada momento.
EL PROGRESO
Deja tu comentario