O Concello das Pontes está ultimando os detalles da que será a quinta edición da Noite Meiga, unha cita que ofrecerá maxia, teatro, globoflexia ou música.
A celebración continuará co ritual do acendido da fogueira, previsto para a media noite e, a partir das 00.15 horas, dará comezo a actuación do Grupo Claxxon.
Dende o goberno municipal animan a todos os veciños e veciñas a acudir a «unha proposta que en poucas edicións converteuse nun punto de encontro da veciñanza que desexaba gozar dunha tradición moi arraigada», recordando que tamén haberá oco para a gastronomía.
E é que tal e como marca a tradición, na V Noite Meiga tamén se promoverá unha sardiñada popular. Esta comezará ás 20.30 horas, e terá un custo de dez euros por persoa.
O menú deseñado para despedir a noite máis curta do ano incluirá sardiñas, chourizo, touciño, pan e bebida. Os tickets para desfrutar destes manxares poderán retirarse o propio día do evento.
EL PROGRESO
Deja tu comentario