HORA DA MORTE ANUNCIADA: XOVES 30 DE XULLO ÁS 16:00
A súa familia, a Asociación do Patrimonio Industrial das Pontes, convoca aos seus amigos, achegados e simpatizantes a asistir á súa despedida e rexeitar esta inxusta perda.
FALECEMENTO ANUNCIADO POR DECISIÓN EMPRESARIAL E ADMINISTRATIVA. Executado por Endesa tras as autorizacións e o respaldo do Concello das Pontes e do seu grupo municipal.
CONCENTRACIÓN: XOVES 30 DE XULLO ÁS 15:00 NA PRAZA UXIO NOVONEIRA
E MARCHA FÚNEBRE ATA AS 16:00, HORA DA MORTE.
NON Á VOLADURA
Cando se converte en «acontecemento lúdico festivo» para moita xente, polos motivos que teña cada quen, resulta algo tarde o de «non á voladura». Tamén hai outras moitas persoas que non queren ver tan triste acontecemento. Pero está claro que o imos ver porque estamos no tempo das imaxes. Case todo o pobo co teléfono na man para non perder nin unha area da desfeita. A pregunta despois será «¿E agora qué?»